ConcellosÚltima hora

Parada de Sil acolle os Baños de Bosque o vindeiro 21 de xullo

Esta actividade está promovida pola casa rural A Reitoral de Chandrexa

Parada de Sil acollerá o vindeiro 21 de xullo os Baños de Bosque, unha actividade promovida pola casa rural A Reitoral de Chandrexa. Consiste en pasear conscientemente polo bosque nun percorrido de 3 km.

 

Cartel.

 

É unha actividade novidosa na Ribeira Sacra, pero con moito arraigo en Xapón. “A arte dos baños de bosque é a arte de conectar coa natureza a través dos nosos sentidos, camiñar en silencio para percibir e experimentar a natureza a nivel físico, sensorial e emocional”, afirman dende a organización.

Dende o Concello de Parada de Sil, o alcalde Aquilino Domínguez agradece ao promotor do evento “a capacidade innovadora que permitirá seguir poñendo en valor a nosa paisaxe singular no camiño da declaración de Patrimonio da Humanidade”.

Para máis información e reservas: 605867622

Artigos relacionados

Back to top button