OurenseÚltima hora

Parada de Sil acolle unha actividade de voluntariado para mozos

Terá lugar durante os días 30 e 31 de agosto e 1 de setembro, e está orientada a persoas de entre 18 e 30 anos

 

Pasarela nas proximidades da Fábrica da Luz. Foto: Carlos G. Hervella.

 

O centro de natureza A Fábrica da Luz, de Parada de Sil, acollerá unha actividade de voluntariado orientada a mozos de entre 18 e 30 anos. Está organizada pola Xunta de Galicia e o seu obxectivo é “sensibilizar, concienciar e fomentar a responsabilidade da mocidade na defensa e protección do patrimonio natural”.

A capacidade máxima é de 20 persoas, que contarán con todos os gastos pagados. Así, os interesados en participar deben contactar coa Fábrica da Luz, co 881999567 da Xunta de Galicia, ou co correo erasmus.xuventude@xunta.gal.

Dende o Concello explican que propoñerán a limpeza do entorno dos muíños de Conceliñas, e tres muíños de auga en ruínas que o Concello pretende recuperar e que están no entorno da ponte medieval de Conceliñas da que se está a facer o proxecto para a súa recuperación e posta en valor.

Artigos relacionados

Back to top button