ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Parada de Sil celebra a romaría de San Bieito

Moita xente asistíu aos actos delebrados o 12 de xullo no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

Un ano máis, o pasado 12 de xullo Parada de Sil vivía unha xornada de marcado carácter festivo coa celebración da romaría de San Bieito no pobo de Castro, onde se ubica o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.

No famoso e fermoso recinto relixioso tiñan lugar a procesión e misa en torno á figura do santo á que asistiron centos de fegreses e romeiros que manteñen gran devoción polo santo. O apartado musical cubríano a coral Aqua Canta de Ourense e a charanga BCB de Celanova.

Unha vez finalizados os oficios relixiosos tiña lugar un xantar popular no camping de Castro. A alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, que estivo presente en todos os actos, destacou a “alta participación popular, con gran número de veciños e tamén forasteiros”, así como o bo ambiente que se vivíu durante a celebración dos festexos.

Fotos: Pepe Arias/ Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button