ConcellosÚltima hora

Parada de Sil conta cunha nova centenaria

A veciña Josefa Gómez de As Paradellas vén de cumprir 100 anos e recibía as felicitacións do Concello
A alcaldesa e o tenente de alcalde de Parada de Sil xunto á Josefa e aos seus familiares./ Foto cedida.

Josefa Gómez Fernández, veciña da localidade de As Paradellas no municipio de Parada de Sil, vén de celebrar o seu centenario na casa e rodeada das súas fillas e dun amplo número de viños e amigos. Josefa atópase cunha excelente saúde e con moitas ganas de vivir.

Con motivo do seu 100 aniversario, a alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, e o primeiro tenente de alcalde do concello desprazáronse ao fogar de Josefa e fixéronlle entrega dun ramo de flores e dunha placa conmemorativa. Josefa disfrutou do cariño dos conveciños, aos que obsequiou cunha boa merenda para despois apagar as candeas. No acto leuse un poema e una cantareira de Luar interpretou unha agarimosa canción adicada a Josefa.

Artigos relacionados

Back to top button
Close