OurenseÚltima hora

Parada de Sil continúa a mellorar as súas infraestruturas

 

Novo pulo no programa deseñado no comezo da lexislatura polo Concello de Parada de Sil “para acadar que todos os pobos da estrada provincial OU-0605 Parada de Sil A Teixeira conten con beirarrúas. Estes días estase a facer unha cun orzamento de 90.037,12 euros, obra que executa a empresa Hordescón”, tal e como anuncian dende o Concello.

Desta volta son os núcleos de Bouzas e O Valado os que están a mellorar a seguridade da súa veciñanza o levarse a cabo a construción de beirarrúas, nunha actuación na que colabora a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cunha subvención de 63.025,98 euros.

Dende a alcaldía de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, considera “moi importante levar a cabo estas obras xa que debido ao aumento de visitantes e ao tráfico de coches polo medio dos pobos tamén aumenta o risco de accidentes. Polo que ademais de mellorar as canalizacións de pluviais e desaugues dalgunhas casas, este tipo de obra contribúe a unha maior seguridade da veciñanza.
A obra leva ademais a construción de muros de contención para evitar derrubes dado que nas veiras da estrada hai fortes pendentes”.

Tamén sinala o rexedor que en pouco tempo se levará a cabo “unha obra similar no pobo de A Casalta, Chandrexa, cunha subvención da Deputación provincial, polo que todos os pobos da citada estrada contarán con beirarrúas”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button