ConcellosÚltima hora

Parada de Sil convoca o seu V Concurso de Microrrelatos

O prazo para presentar os traballos concluirá o 3 de marzo e as bases poden consultarse na web deste concello ourensán
Entrega de premios da pasada edición deste certame.

Descubrir talentos e estimular a imaxinación de todas as persoas e especialmente dos coñecedores da Ribeira Sacra, difundir esta zona e contribuír a que sexa declarada Patrimonio da Humanidade. Son os principais obxectivos do Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil, que convoca cun gran éxito este Concello dende hai xa cinco anos.

O primeiro premio está dotado con 1.000 euros e o segundo con 500 euros. Na convocatoria presentada ós medios, o Concello anima á participación, facendo un exercicio de precisión no uso da linguaxe, para que algo pequeno en extensión teña un significado grande . Nesta edición e por primeira vez ábrese a posibilidade a presentación dos traballos por correo electrónico e limítase a un texto por autor.

O prazo para enviar os microrrelatos remata o día 3 de marzo de 2016 facéndose público o fallo o día 17 de abril polo xurado designado para o evento e que estará presidido polo catedrático da Brown University, hispanista e veciño de Parada de Sil, Antonio Carreño.

O Concello de Parada de Sil considera totalmente consolidado este certame, tendo en conta que nas anteriores convocatorias foi incrementando a súa participación ata superar os 550 traballos da pasada edición, procedentes de case todas as comunidades autónomas españolas, México, Alemania, Italia, A Florida ou San Petersburgo, o concello de Parada de Sil procede a convocatoria da quinta edición.

A alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, resalta asemade que nas dúas últimas edicións, dado o alto nivel das persoas participantes o mecenas dotou un accesit con 300 euros. A rexedora tamén agradece publicamente o apoio do patrocinador e mecenas do concurso, o catedrático xubilado e natural deste concello, Eugenio Prieto Pérez. Destaca “a súa xenerosidade o manter a colaboración e incrementar a contía”.

As bases pódense consultar na súa integridade na páxina web do concello:

www.paradadesil.es

Artigos relacionados

Back to top button