OurenseÚltima hora

Parada de Sil convoca o XII Concurso Fotográfico Rosa Pons Fábregas

Este certame, promovido polo Concello, conta coas modalidades “Visións de Parada de Sil” e tema “libre”
Imaxe promocional do concurso.

Ata o vindeiro 28 de xullo estará aberto o prazo para presentar traballos ao XII Concurso Fotográfico Rosa Pons Fábregas, que convoca o Concello de Parada de Sil. Esta iniciativa está patrocinada polo empresario Camilo Yáñez Pons, nacido en Parada de Sil e residente en Barcelona.

Cada participante poderá presentar un máximo de 4 fotografías en cada unha das dúas modalidades do certame: “Visións de Parada de Sil” e tema “libre”. A primeira delas abrangue “todos os bens artísticos, culturais, etnográficos, naturais, personaxes, etc. que conforman o municipio de Parada de Sil, quedando só limitada ao seu territorio”, segundo as bases do concurso. En cambio, a modalidade tema “libre” está aberta a calquera tipo de imaxe sen limitación temática ou xeográfica.

A data límite para presentar os traballos será o 28 de xullo do 2019. O xurado do certame fará público o seu fallo o 9 de agosto. Este concurso conta con dous premios para cada unha das modalidades. A de “Visións de Parada de Sil” terá un primeiro premio de 800 euros e un segundo de 300 euros, mentres que en tema “libre” o primeiro premio serán 700 euros e o segundo 200 euros.

Máis información:
www.paradadesil.es

Telf. 988 208010

Artigos relacionados

Back to top button