ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil convoca o XIV Concurso de Fotografía Rosa Pons

As bases están publicadas dende hoxe na páxina web do Concello e o prazo de inscrición rematará o 26 de xullo

 

Dende o Concello de Parada de Sil vén de convocarse (en colaboración coa Asociación Cultural Ouro do Sil), un ano máis, e van catorce, o Concurso de fotografía Rosa Pons Fábregas, coas dúas modalidades.

A primeira delas é “Visións de Parada de Sil” e con ela preténdese “fomentar a creatividade e dar a coñecer ao público en xeral a diversidade, riqueza historia, patrimonial e paisaxística do concello. E, na segunda modalidade de tema libre, búscase estimular a arte da fotografía”, explica o concelleiro de Cultura de Parada de Sil, Paco Magide.

Dende este luns as bases están publicadas na páxina web do Concello (https://www.paradadesil.es/index.php/es/) e cada participante pode concursar nas dúas modalidades cun máximo de catro fotografías en cada unha delas. As imaxes non poderán ter sido premiadas en ningún outro concurso. A presentación dos traballos será no correo concursofotografia@paradadesil.es

A data límite de presentación será o 26 de xullo e o xurado fará público o fallo o día 6 de agosto. Ademais o alcalde de Parada de Sil, alcalde, Aquilino Domínguez, informa de que dende o día 14 de agosto se fará unha exposición das fotografías e o premio entregarase con motivo das festas patronais de San Ramón, acto ao que se prevé contar coa asistencia do mecenas do premio, o empresario de Parada afincado en Barcelona, Camilo Yáñez.

Artigos relacionados

Back to top button