ConcellosÚltima hora

Parada de Sil convoca o XI Concurso Fotográfico Rosa Pons

A data límite de presentación dos traballos será o 28 de xullo e o xurado fará pública a súa decisión o día 10 de agosto
Imaxe da fotografía ganadora o pasado ano no apartado “Tema Libre” no certame fotográfico de Parada de Sil. É obra de Julio López.

Co ánimo de “estimular a creatividade, o amor pola fotografía e un maior coñecemento de Parada de Sil, e por ende da Ribeira Sacra”, o Concello de Parada do Sil vén de convocar, en colaboración coa Asociación Cultural Ouro do Sil, a XI edición do Concurso Fotográfico Rosa Pons.

A data límite de presentación dos traballos será o 28 de xullo e o xurado fará pública a súa decisión o día 10 de agosto, facéndose unha exposición con todas as fotografías presentadas a partires do 18 de agosto, tal como se indica nas bases, que poden consultarse na web do Concello de Parada de Sil: http://www.paradadesil.es/index.php/es/

Para facilitar a participación, e recollendo suxestións de participantes doutras edicións, este ano as fotografías poderán presentarse no Concello adheridas sobre cartón pluma, paspartú ou similar e evitarase a presentación dun CD ao poder enviar a copia por correo ao enderezo concursofotografia@paradadesil.es. Tamén na modalidade de “Visións de Parada de Sil” deberase identificar a zona na que foi tomada.

A alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, agradece a Camilo Yáñez, mecenas deste concurso, que incrementara a dotación económica do mesmo. Isto permitirá establecer un segundo premio tanto na modalidade de “Tema Libre” como na de “Visións de Parada de Sil”, quedando o primeiro premio cunha dotación de 800 euros e de 300 euros o segundo neste caso, e de 700 e 200 no tema libre.

Artigos relacionados

Back to top button