ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil dá un novo paso no camiño da economía verde

O Concello instala placas fotovoltaicas no teito dunha nave, para o abastecemento do edificio municipal e o local de lecer dos nenos

 

Dende o inicio do selado de máis de dez vertedoiros incontrolados, o Concello de Parada de Sil vén manifestando con feitos o compromiso coa diminución da pegada de carbono. Así tras acadar recentemente a Bandeira Verde e seguir traballando para que no prazo de dous meses todo o alumeado público do concello sexa LED, hoxe dá un paso máis coa instalación de placas fotovoltaicas no teito dunha nave preto do concello no camiño dunha economía baixa en carbono.

“Hai uns meses o Concello solicitou o IDEA, unha subvención por importe de 40.143,44 euros dentro das liñas que financia o Goberno de España con fondos FEDER”, explica o alcalde accidental de Parada, Paco Magide.  Esa obra adxidicábse hai quince días por importe de 50.179,31 euros e está a piques de rematar, polo que “posiblemente antes de fin de ano o abastecemento o edificio municipal e o local de lecer dos nenos procederá destas placas”, asegura Magide, adiantando que pronto anunciarán novas iniciativas no camiño da economía verde

Artigos relacionados

Back to top button