ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil entrega os premios do seu IX Concurso de Microrrelatos

Neste acto o seu alcalde, Aquilino Domínguez, incidía en que a cultura constitúe "unha das palancas para garantir o progreso do concello"

 

O salón de actos do Concello de Parada do Sil acollía esta mañá o acto de entrega de premios da novena edición do Concurso de microrrelatos Parada de Sil-Ribeira Sacra. O ganador foi o escritor catalán Héctor Daniel Olivera Campos, como autor do traballo “Metales pesados”, que o xurado calificador considerou por unanimidade como merecedor do galardón. O segundo premio foi para o microrrelato “Os ollos do pasasdo”, de Catarina Cortizas Leira, de Chantada, en tanto que o terceiro correspondeu a “Amo a mi sil”, de Luis Gispert Macián, da localidade castellonense de Segorbe.

O xurado estaba presidido, como vén sendo tradicional, polo profesor Antonio Carreño, catedrático emérito da universidade de Brown; e del tamén formaban parte Arturo Fernández, catedrático de Lingua Española e ex director do instituto Otero Pedrayo, e Delfín Caseiro, escritor e inspector de Educación. A todos eles agradeceron o alcalde, Aquilino Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Francisco Magide, a súa dispoñibilidade, profesionalidade e dedicación para calificar os casi dous mil traballos presentados, que constituiron un récord de participación, de forma altruísta.

O rexedor municipal felicitou ós galardoados e suliñou a aposta decidida do concello pola cultura, indicando que “todos os fondos adicados á cultura non os consideramos un gasto, senon un investimento de futuro”. Na misma liña abondou o titular de Cultura, asegurando que “o financiamento de iniciativas culturais é un investimento que produce un retorno constatable e considerable”.

Neste senso, Francisco Magide puxo de manifesto que “a aposta seria por este traballo permítenos mirar o futuro con optimismo, de xeito que este verán teremos un campamento que contará coa participación de once nenos do concello. Si seguimos así, nun futuro máis próximo que lonxano poderemos recuperar a escola de infantil en Parada, obxectivo que hai so unhos anos parecería unha cousa de cienciaficción”.

 

O ganador do certame durante a súa intervención.

 

O ganador do certame tamén agradeceu o traballo do xurado, así como o esforzo de Parada de Sil. “Cando un chega a Parada de Sil, dase conta da cantidade de patrimonio monumental, arquitectónico, paisaxístico e cultural que o Concello está xestionando a pesar do seu pequeno tamaño. Por iso, deixo constancia do meu maior agradecemento aos responsables”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button