CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Parada de Sil entrega os premios do XII Concurso de fotografía Rosa Pons

Nesta edición resultaban galardoados Agustín Sevilla, Rosa Villar, Francisco Javier Domínguez e Miguel Planells

 

Nun salón de actos do Concello de Parada de Sil ateigado de público tiña lugar o 21 de agosto o acto de entrega dos premios do XII Concurso de fotografía Rosa Pons, que convoca este Concello. Nesta edición competían máis de 600 imaxes, que foron valorados por un xurado formado por Luís Baños Campo (empresario audiovisual), José Luis Diz Rodríguez (da Asociación Fotográfica Os Potiños) e Xosé Antón Vázquez Pérez (presidente da Asociación Cultural Ouro do Sil).

Nesta edición o primeiro premio da modalidade “Visións de Parada de Sil” recaía nunha fotografía de Agustín Sevilla de Ourense e o segundo nunha de Rosa Villar de Vilariño Frío. Na modalidade de tema libre o ganador foi Francisco Javier Domínguez García de Jeréz e en segundo lugar quedaba Miguel Planells de Girona.

 

 

Durante a entrega dos galardóns o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, facía fincapé na importancia que ten a cultura para este municipio, agradecendo ademais a Camilo Yañez o patrocinio do concurso, que neste ano contaba con participantes de países tan diferentes como Malasia, Arxentina, Colombia, Francia e Italia, a parte dos de todas as comunidades autónomas españolas agás Baleares.

Ademais neste acto Antón Vázquez realizaba unha proxección das fotografías finalistas nas dúas modalidades e os ganadores no apartado “Visións de Parada de Sil” facían unha intervencion poñendo en valor o concurso, así como a aposta deste Concello pola cultura, polos seus recursos e pola Ribeira Sacra.

Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Francisco Magide, expresou o seu agradecemento a todos e asegurou que o Concello continúa coa mesma ilusión dende o 2007  “apostando polos veciños e veciñas e por concursos como este que posicionan a Parada de Sil nos medios, atraen visitantes e, con eles, investimentos e postos de traballo”.

Fotos: Arsenio Blanco.

 

Artigos relacionados

Back to top button