ConcellosSen categorizar

Parada de Sil homenaxea ao mestre José Elías Ferreiro

O acto enmárcase dentro da celebración das Letras Galegas neste municipio ourensán

parada2

parada3

En Parada do Sil o Día das Letras Galegas é tamén unha data para lembrar e poñer en valor ás persoas do pobo cunha traxectoria relevante. Desta volta homenaxearase ao mestre José Elías Ferreiro Álvarez “Xoel Ferral”. “Sempre falou e escribiu en galego e é autor da obra Tringueleos”, explica o alcalde de Parada de Sil, Francisco Magide.

Así o 10 de maio ás 12 h. a Casa Consistorial de Parada de Sil acollía un amplo programa que xirará en torno á figura de Xoel Ferral e no que se contou co presidente da Deputación e co secretario xeral de Cultura.

O acto comezaba coa actuación da Coral Vellos Amigos, que interviña en varias ocasións ao longo da mañá. Tras a música, asistíase á proxección dun vídeo de recordos e ás 13h. presentábase o libro “Latexos e lembranzas de Parada de Sil”, coa intervención de Antonio Carreño, profesor da Brown University, e dun membro da familia do homenaxeado.

Ademais facíase entrega dos premios do II Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil e descubríase unha placa na casa de Xoel Ferral. Finalmente houbo petiscos e viño galego como agasallo da súa familia aos asistentes.

Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button