ConcellosÚltima hora

Parada de Sil homenaxeará ao escritor e fotógrafo Emilio Araúxo o 17 de maio

No marco das Letras Galegas terálugar un acto no que se porá en valor a traxectoria e a obra deste autor vencellado coa terra de Caldelas
O investigador, poeta e fotógrafo ourensán, Emilio Araúxo./ Foto: Carlos G. Hervella.

A data das Letras Galegas ten un dobre significado dende hai unha década en Parada de Sil. Ademais de lembrar ao autor homenaxeado, este Concello acostuma facer un recoñecemento a unha persoa vencellada con esta zona ourensá que ten destacado pola súa traxectoria e labor en defensa da cultura e da lingua. Desta volta a persoa homenaxeada será o escritor, poeta, investigador e fotógrafo Emilio Araúxo.

No acto, que terá lugar  o propio día 17 de maio a partir dás 11,30h no salón de plenos do Concello, porase en valor a Emilio Araúxo, escritor que dende fai moitos anos vive e detalla a terra de Caldelas con libros de poesía e narrativa así como unha intensa labor fotográfica. Licenciado en filosofía, investigador da cultura popular como os entroidos tradicionais.

“Podemos encontrar nos seus libros a documentación da desaparición do campesiñado como modo de vida, como civilización. Precisamente o feito de que os seus libros sexan unha testemuña do noso rural”, é un dos elementos que salienta a alcaldesa, Yolanda Jácome a hora de elixilo.

Emilio Araúxo ten unha casa en Sacardebois, onde pasa moitos meses dende fai anos “e por elo e o seu prolífico e discreto traballo terá o recoñecemento do Concello, que con este tipo de actos trata de involucrar ós veciños nun maior coñecemento de outros veciños e da súa importancia no mundo literario”, indica o concelleiro de Cultura, Paco Magide.

Este acto de recoñecemento conta coa colaboración da Xunta de Galicia, A Deputación de Ourense e ABanca e nel participará a Coral Vellos Amigos de Manolo de Diós e farase entrega dos premios do VI Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil.

Artigos relacionados

Back to top button