ConcellosÚltima hora

Parada de Sil homenaxeará ás mulleres do rural

Exterior do Concello de Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

No marco da celebración do Día Internacional da Muller traballadora o Concello de Parada de Sil manterá un encontro coas mulleres rurais e con emprendedoras o 7 de marzo ás cinco da tarde.

“As mulleres do rural de Parada de Sil e da Ribeira Sacra son as auténticas mantedoras da incrible paisaxe existente no concello e, por ende na Ribeira Sacra, paisaxe que é un elemento determinante a hora de que esta zona sexa declarada Patrimonio Mundial da Humanidade e Reserva da Biosfera”, asegura o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez.

No decurso deste encontro, no que se servirá un chocolate, o rexedor fará a proposta de que cada ano se homenaxee por estas datas a dúas mulleres concreta, para o que quere recabar a opinión das conveciñas. Así mesmo e dado que o emprendemento en Parada ten nome de muller, o Concello pretende que cada ano participe tamén unha emprendedora, hostaleira, adegueira, panadeira ou gandeira.

Artigos relacionados

Back to top button