ConcellosEn portadaParada de SilSen categorizarÚltima hora

Parada de Sil ingresa na Rede de Destinos Turísticos Intelixentes

Entre outras actuacións preténdese anovar os equipos e programas informáticos de modo que permitan xestionar en tempo real os fluxos de visitantes aos principais recursos do municipio, adiantan dende o Concello

Pasarela do Río Mao./ Foto cedida.

 

Na IX Comisión Executiva da Rede DTI, celebrada o 30 de maio, aprobábase entre outras cuestións, a proposta de entrada do Concello de Parada de Sil a esta esixente organización turística promovida pola Secretaría de Estado de Turismo. Tanto o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, como o concelleiro de Cultura e Turismo, Francisco Magide, amosan a súa satisfacción “por ser admitidos nesta rede que axudará a seguir posicionándose a Parada de Sil e onde poderemos aprender valiosas experiencias para seguir mellorando nas prestacións aos visitantes e integrando aos residentes”.

“Incorporáronse outros concellos de toda España, con só cinco galegos. Da nosa provincia só o Concello de Ourense e a Deputación provincial son socios”, destacan o concelleiro de Cultura e Turismo de Parada de Sil, Francisco Magide.

O principal obxectivo da rede é fomentar o intercambio de experiencias e coñecemento para impulsar o desenvolvemento intelixente dos destinos turísticos. A incorporación supón importantes vantaxe na xestión turística do municipio pretendendo con elo a mellora na competitividade e na calidade de vida dos residentes.

“Esta rede está dotada dun código ético para o desenvolmenteo do turismo onde se aposta pola responsabilidade, a transparencia utilizando o diálogo como instrumento de cooperación, a excelencia na xestión dos recursos materiais e humanos e asostenibilidade a través da preservación e o coidado dos recursos, apostando por unha actividade turística inclusiva”, explica Magide.

 

Necrópole de San Vítor de Barxacova en Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O seguinte paso consiste en mellorar os medios tecnolóxicos cos que conta o concello tanto na xestión do turismo como na promoción. “Entre outras actuacións preténdese anovar os equipos e programas informáticos de modo que permitan xestionar en tempo real os fluxos de visitantes aos principais recursos como son o Mosteriro de Santa Cristina, o Museo do Chocolate, os Balcóns de Madrid, a Pasarela do Río Mao, o Castiñeiro de Entrambosríos ou a Necrópole de Barxacoba, a ponte de Conceliñas e outros. Tamén se pretende integrar nunha plataforma toda a información xenerada, enmarcado todo elo na prevista renovación da oficina de turismo para mellorar a atención aos visitantes”, adianta o concelleiro de Turismo

Para iso o Concello está a traballar nun ambicioso proxecto co que concorrerá a convocatoria de finanzamento aberta pola Secretaría Xeral de Estado para o Turismo para os membros da Rede DTI.

 

Artigos relacionados

Back to top button