Publicidade
ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil instala carteis con códigos QR que achegan información dos seus recursos turísticos

Están colocados en todos os puntos informativos do concello, establecementos de hostalaría e outros lugares públicos

Necrópole de San Vítor de Barxacova en Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

“Todos os esforzos son poucos para que a Ribeira Sacra e, neste caso Parada de Sil, sexan un destino seguro para os visitantes que agardamos sexan moitos nos próximos días”, asegura o alcalde deste municipio, Aquilino Domínguez, que continúa a traballar nesta liña.

Así, dende este xoves o Concello colocou en todos os puntos de información de Parada de Sil, o mesmo que restaurantes, casas de turismo rural, apartamentos turísticos e demais establecementos públcos; un cartel cos códigos QR do mapa do municipio no que figuran elementos de interese como a necrópole altomedieval de San Vítor de Barxacova, Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, Museo de Chocolate, Rutas de sendeirismo e BTT, “para que aquelas persoas que non desexen usar o papel poidan descargar toda a información e mesmo os trakcs das rutas” por este sistema.

Aquilino Domínguez convida, “de novo, á xente a visitar este concello no corazón da Ribeira Sacra”.

 

Un dos carteis informativos con códigos QR de Parada de Sil./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close