ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Parada de Sil mantense fiel á tradición coa romaría de San Bieito

Moita xente asistíu aos actos delebrados o 9 de xullo no entorno do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

Un ano máis, o segundo domingo de xullo (nesta ocasión o día 9) Parada de Sil vivía unha xornada de marcado carácter festivo coa celebración da romaría de San Bieito no entorno do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Unha tradición que os devotos do santo manteñen dende hai anos.

Como en cada edición, no famoso e fermoso recinto relixioso tiñan lugar a procesión co santo, imaxe que é levada polos veciños que se van turnando en grupos de catro persoas, entre elas un ano máis a alcaldesa, Yolanda Jácome, que nesta ocasión aparecía co seu fillo Lucas González, en brazos. O apartado musical cubríano a coral Aqua Música de Ourense que cantaba durante a eucaristía e a charanga Nova Terras de Trives que amenizaba a procesión, as sesión vermú e xa pola tarde o baile no pobo de Castro.

Unha vez finalizados os oficios relixiosos cada ano tiña lugar a tradicional subasta dos galos que este ano non se celebrou. O que si se mantén, aínda que a menor nivel que antes é a esencia da romaría, xa que todavía hai xente que queda a xantar no entorno do mosteiro.

Da boa marcha da celebración encargáronse coma sempre os voluntarios de Protección Civil de Parada de Sil cuxa participación é decisiva na organización do tráfico nos accesos ata o mosteiro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button