CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Parada de Sil pon en marcha a I edición do Festival Ecos da Luz

A iniciativa, prevista para o sábado 26 de xullo, mestura arte, música e natureza
Imaxe do cartaz do festival.
Imaxe do cartaz do festival.

A Fábrica da Luz, espazo de turismo rural en Parada de Sil acollerá o vindeiro sábado 26 de xullo, a I edición do Festival Ecos da Luz, unha iniciativa organizada por Ecos da Pedra, empresa que xestiona o mosteiro de Santa Cristina e sostida por Tempo Sacro como concesionaria de espazo co apoio do concello de Parada de Sil.

De feito o concello agarda a iniciativa “constitúa un cálido encontro para os amantes da arte, a música e o medio ambiente”. Entre as actividades previstas para a tarde noite, destaca un obradoiro solar levado a cabo pola Asociación Picos do Sol “onde os pequenos e maiores poderán realizar talleres de chapa, talleres de cociña solares e experimentar con diversos artefactos solares” explixa o alcalde de Parada Francisco Magide.

A partires das 21h, o músico ponferradino Alfonso Álvarez presentará o seu segundo disco titulado “Sin primavera no hay abril”, un traballo de música folk, no que o autor bota man da gaita, a frauta, e a pandeireta de pé.

Como remate, actuará “Wapura Solar System”, proxecto granadino onde a música e o medio ambiente van da man. Ofrecerá un set de música electrónica, cumbia, rytmyms balkian, alimentada por enerxía solar.

Asemade ese día está prevista a inauguración dunha exposición dos artistas Xosé Manuel “Moxom” de Montederramo con tallas de madeira, e de Ana Camba, de Chadrexa de Queixa con pezas de cerámica de autor. A exposición permanecerá na Fábrica da Luz ata o día 17 de agosto.

As actividades terán lugar ao aire libre, e os asistentes poderán aloxarse no albergue ou utilizar o espazo Vivac que a organización porá á súa disposición.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button