Co dobre obxectivo de fomentar a creatividade e, paralelamente, dar a coñecer a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do municipio, o Concello de Parada de Sil vén de convocar a IX edición do Concurso Fotográfico Rosa Pons Fábregas, con dúas modalidades: “Visións de Parada de Sil” e “Libre” (coa que se pretende espallar ademais a arte da fotografía).
O premio, que conta cunha dotación de 1.500 euros (800 para a categoría “Visións de Parada de Sil” e 700 para a modalidade libre) está patrocinado por Camilo Yáñez Pons, destacado filántropo orixinario de Parada de Sil, afincado en Barcelona e fillo da lembrada mestra de Parada, Rosa Pons.
A data límite para a presentación de traballos é o día 31 de xullo, en tanto que o fallo do xurado daráse a coñecer o día 13 de agosto. As bases do concurso poden ser consultadas na web do concello www.paradadesil.es.