En portadaÚltima hora

Parada de Sil prepárase para recibir visitantes nos vindeiros días “cumprindo as medida sanitarias”

Na vindeira fin de semana abrirán os establecementos hoteleiros e de restauración, así como as oficinas de turismo e o Mosteiro de Santa Cristina, tal e como anuncia o alcalde

Publicidade
Detalle do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, no municipio de Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dentro das medidas de control sanitario que establezan as autoridades “cada momento e cumprindo sempre a normativa”, o Concello de Parada de Sil, xunto coa iniciativa privada está a traballar na reactivación do turismo.

“Esta fin de semana abrirán todos os establecementos hoteleiros e de restauración incluíndo, restaurantes, hoteis, casas rurais, A Fábrica da Luz e o cámping Cañon do Sil, único da Ribeira Sacra ourensá, e, dado que posiblemmente se permitirá a mobilidade en Galicia, prevese unha importante afluencia de visitantes polo que se recomenda concertar as chegadas por correo electrónico ou teléfono cos establecementos respectivos”, tal e como indica o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez.

Tamén anuncia a posta en marcha das oficinas de turismo, con amplo horario amosando o seu “orgullo por ter dous certificados SICTED, un na oficina de turismo do Concello e outro na Casa Museo do Chocolate”. Ademais reabrirá o Mosteiro de Santa Cristina, “o buque insignia do concello”. Para un mellor aproveitamento da visita, prégase consultar horarios na web do concello https://www.paradadesil.es/index.php/es/.

Por último, o rexedor informa do arranxo da estrada Xunqueira de Espadañedo-Parada de Sil que sufrira un forte deterioro coas xeadas e co sal. “Este é unha estrada cun percorrido pola montaña con vistas espectaculares ao Canón do Sil e na que existe un magnífico miradoiro no que se anuncia A Ribeira Sacra- Parada de Sil”.

 

Obras na estrada Xunqueira de Espadañedo-Parada de Sil./ Foto cedida.

 

Ao mesmo tempo, Aquilino Domínguez, reitera a necesidade de que a Deputación Provincial “se faga cargo da titularidade desta estrada que soporta un alto nivel de tráfico, cun volume superior a moitas estradas de titularidade provincial, xa que supón un importante custe para as arcas do concello”.

Artigos relacionados

Back to top button