ConcellosÚltima hora

Parada de Sil presenta o disco gravado en directo no Mosteiro de Santa Cristina

Sons da Terra (Vol. 1) contén temas dos concertos celebrados durante o ciclo Músicas do Mundo que este ano acadará a III edición
Presentación do disco Sons da Terra.

Artistas da talla do guitarrista sudafricano Derek Gripper ou o caboverdiano Tcheka, artistas de proxección internacional; os galegos Davide Salvado e Samuel Diz; ou o grupo toledano Milo Ke Mandarini, participaron no disco Sons da Terra (Vol.1) que o Concello de Parada de Sil vén de presentar.

Os temas incluídos no CD pertencen a concertos ofrecidos polos mencionados artistas no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil dentro do ciclo Músicas do Mundo que este ano chegará á súa terceira edición. Estará á venda no mosteiro de Santa Cristina, na adega de Ecos da Pedra no pobo de Teimende e tamén no Liceo de Ourense.

Na presentación do traballo discográfico, que tiña lugar na mañá do 16 de marzo, estiveron presentes a alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome; o concelleiro de Cultura, Francisco Magide; o responsable de Ecos da Pedra, Diego Soto; e o director de Wapapura, Rafael Kortcherha. Tanto a alcaldesa como o responsable de Cultura do concello puxeron de manifesto o compromiso do seu grupo coa cultura e coa historia, que neste caso converxían na organización dos concertos “nun lugar que reflicte como poucos a simbiose entre natureza e arte como é o mosteiro de Santa Cristina que, ademais, conta cunha acústica excepcional segundo coinciden en afirmar todos os especialistas”.

Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil.

 

A alcaldesa de Parada de Sil intervindo na presentación.

Artigos relacionados

Back to top button