En portadaÚltima hora

Parada de Sil promocionará o seu territorio cun pioneiro xogo virtual que recrea o entorno do mosteiro de Santa Cristina

Esta ferramenta estará instalada na web do concello e os días 23 e 24 de abril está prevista unha competición na que o gañador recibirá un premio de 5.000 euros

 

O Concello de Parada de Sil vén de anunciar esta mañá o lanzamento dun proxecto pioneiro consistente nunha plataforma online na que, dun xeito lúdico, únense literatura, coñecementos e promoción turística. A presentación pública tuvo lugar na Reitoral con presenza do alcalde deste municipio e da maioría dos membros da corporación; o subdelegado do Goberno, o subdirector do Agader; a xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra ou a xerente do Inorde, entre outras autoridades e persoalidades.

Tanto o alcalde, Aquilino Domínguez; como as demais autoridades felicitáronse e felicitaron ó concello de Parada por esta novidosa iniciativa que o sitúa como exemplo e referente de xestión “tanto na Ribeira Sacra como no conxunto da provincia de Ourense” en colaboración coas distintas administracións, que se atopaban representadas no acto.

A plataforma virtual presentada está baseada na novela homónima “Tristan Téllez”, unha trama literaria adaptada para o guión da aventura gráfica onde o primeiro capítulo desenvólvese no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil).

“Con tecnoloxías de intelixencia artificial, virtualizouse o mosteiro para que o xogador/visitante se mergulle entre as pedras e castiñeiros como se estivese no propio lugar. Ca potencia do motor de xogo Unreal Engine acadamos unha experiencia interactiva moi próxima á realidade”, explicaba Javier Cid, enxeñeiro de telecomunicacións e pai da idea orixinal, contando para a implementación da mesma con Felipe Sutil, tamén técnico de telecomunicacións e profundo coñecedor do desenvolvemento deste tipo de ferramentas virtuais.

Cid engadía que o proxecto pioneiro de Aurea Visión “tratou de conxugar literatura, aventura e natureza con novas tecnoloxías”. A primeira parte e a segunda sírveas unha novela inédita escrita polo propio Javier Cid; a segunda, a natureza e o espazo máxico do mosteiro de Santa Cristina e a terceira, a tecnoloxía de última xeración que se incorpora a través de tres pasos: “fotogrametría, que permite a recreación en 3D a través de fotografías; modelado en 3D, e un motor de xogo que é o mesmo que se está utilizando para Matrix, aínda que evitando comparación en cuanto á diferenza de medios utilizados con respecto á famosa saga”.

Con respecto “á novela pouco podemos afondar para preservar o misterio en función de como transcurra o xogo. O primeiro capítulo desenvólvese en Santa Cristina, aínda que os promotores agardan que haxa máis capítulos en outros escearios”, apunta Cid para engadir que “a trama sempre se pode levar e acomodar a escearios que se pretendan promocionar. Nese senso, o xogo é un acicate co respaldo das novas tecnoloxías coas que se aproveita unha istoria novelada para que o espectador poida vivila directamente mentras xoga”, afonda Cid.

Ademais chamaba a atención sobre as posibilidades que se abren na promoción de “lugares, zonas ou espazos” con este tipo de ferramentas “que permiten a recreación dun escenario real dentro da historia a base de tecnoloxía baseada en intelixencia artificial”, que é onde reside a parte máis innovadora, posto que os creadores non coñecen “que se teña feito nada parecido ata o de agora”.

Concurso con 5.000 euros de premio

O xogo estará colgado na páxina web do Concello de Parada de Sil (www.paradadesil.es) a partir do 15 de abril e para fomentar a participación de xogadores, “está previsto un evento de fin de semana no que se pretende levar a cabo unha especie de competición entre quenes estén interesados en participar, previa inscrición gratuita”.

Cid xa anuncia que “terá lugar os días 23 e 24 de abril, nos que se plantexarán unha serie de enigmas e o primeiro xogador que os resolva obterá un premio de 5.000 euros xunto cunha estancia dun fin de semana en Parada de Sil”. Así mesmo matiza que “o xogo poderá ser descargado da web municipal de xeito gratuito, así como a participación no evento fixado para o mentado fin de semana, si ben haberá catro pistas de pago (un euro por pista), que poderán adquirir quenes así o desexen”.

Artigos relacionados

Back to top button