ConcellosÚltima horaVídeos

Parada de Sil promociónase como destino turístico seguro

O Concello vén de presentar un vídeo no que amosa os atractivos deste territorio situado no corazón da Ribeira Sacra

 

“En Parada de Sil estamos preparados para reabrir con todas as medidas de prevención e hixiene para a vosa tranquilidade”. É a mensaxe coa que se inicia o vídeo promocional que vén de presentar o Concello de Parada de Sil co fin de presentarse como destino turístico seguro e con multitude de recursos naturais e patrimonais que ofrecer ao visitante.

Unha parte deles poden desfrutarse neste vídeo, no que tamén se amosa a infraestrutura turística deste municipio ourensán situado no corazón da Ribeira Sacra: casas de turismo rural, apartamentos turísticos, albergue, camping… “con todas as garantías de seguridade”.

 

Artigos relacionados

Back to top button