Concellos

Parada de Sil, protagonista na Festa da Asociación Cova da Serpe en Barcelona

No marco da celebración da XXXIII Festa da Asociación Galega Cova da Serpe en Barcelona, o Concello de Parada de Sil vén de promocionar os seus recursos turísticos na capital catalana o domingo 13 de maio. Esta asociación e a Federación de asociación de entidades galegas en Barcelona organizaban no parque de San Martí del Provençals a súa festa anual para conmemorar as Letras Galegas á que convidaban a Parada de Sil. A alcaldesa deste concello ourensán, Yolanda Jácome, e o concelleiro de Cultura, Francisco Magide, desprazábanse ata a cidade condal para participar nesta celebración.

A Asociación Cova da Serpe está presidida por Domingo Balboa e ao evento acudían políticos e tamén veciños de Parada e doutras localidades ourensás e galegas. Nesta ocasión estiveron presentes, como é tradicional, Camilo Yáñez, empresario e filántropo de Parada de Sil, que financia o concurso de fotografías Parada de Sil-Ribeira Sacra, que leva o nome da sua nai, Rosa Fábregas, quen exerceu de mestre durante moitos anos en Parada e que deixou fonda pegada no concello polo seu labor.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button