EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Parada de Sil recrea a tradición da pisa da castaña seca

Numerosas persoas dábanse cita en Purdeus-Chandrexa para ver e participar nesta antiga actividade, cun programa que incluía unha feira de produtos locais e un xantar popular

Do sequeiro á pisa. Os sacos de castañas secas circulaban continuamente na mañá do 17 de novembro en Purdeus-Chandrexa (Parada de Sil). A localidade celebraba a sétima edición da Festa da Pisa, recreando un antigo labor tradicional da zona. Nel os sacos de castaña son golpeados continuamento sobre unha mesa. Logo vén o abandoxado, no que se lles quita a segunda pel. A continuación deposítanse nun cesto para o seu consumo.

Nesta actividade, que se prolongaba ao longo da mañá ao son da música tradicional dos Trabazos de Castro Caldelas, podían participar veciños e visitantes. Ademais entre as 11h. e as 16h. podía visitarse a VII Feira de Produtos Locais, cunha gran diversidade de postos de viños, licores, marmeladas, queixo, pan, bicas, artesanía…

Arredor das dúas e media comezaba o xantar popular da castaña, cun menú (cun prezo de 15 euros/ persoa) a base de fabada, tenreira guisada con castañas, sobremesas variadas, pan, bebida e café. Nel reuníase un cento de persoas na carpa instalada nas proximidades do recinto feiral.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás as cinco primeiras que son cedidas polo Concello de Parada de Sil.

Artigos relacionados

Back to top button
Close