En portadaÚltima hora

Parada de Sil recrea o proceso tradicional de preparación das castañas secas

Celebrará a VI Festa da Pisa en Purdeus-Chandrexa o 18 de novembro a partires das 11:30h.

Cun completo programa que inclúe etnografía, gastronomía ou música, entre outros ingredientes, celebrarase a VI Festa da Pisa en Purdeus-Chandrexa o sábado 18 de novembro. O programa comezará ás 11:30h. coa recreación do proceso tradicional de preparación das castañas secas.

Nel poderán participar veciños e visitantes. Ao mesmo tempo esta localidade acollerá (de 11h. a 16h.) a VI Feira de Produtos Locais, con artigos da zona como viños, cervexas, marmeladas, queixo, pan, doces… E ás 14h. servirase o xantar da Castaña cuxo menú (cun prezo de 15 euros e reservas en turismo@paradadesil ou no 988 208010) inclúe empanada, ragú de tenreira con castañas, biscoito de castaña, pan, bebidas e café.

Esta iniciativa forma parte do amplo abano de actividades promovidas polo Concello de Parada de Sil dentro do programa “Descobre as paisaxes ao son da caída das follas”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button