ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil rexistraba unhas 3.000 visitas nesta Semana Santa

 

A Ribeira Sacra vén de constartarse nesta Semana Santa, unha vez máis, como un punto de atracción de turismo de primeiro nivel no que ten que ver co turismo interior e de natureza, así como co turismo activo.  Parada de Sil, un dos núcleos máis importantes nas visitas durante estas datas festivas acadaba en torno a 3.000 visitas, tendo unha ocupación de apartamentos e casas rurais superior ao noventa por cento.

Aquilino Domínguez, alcalde de Parada de Sil, amosa a súa satisfacción pola boa acollida do bus lanzadeira para as visitas ao Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, xa que por primeira vez era obrigatorio o seu uso nestas datas coa instalación dunha barreira que impide o paso se non se dispón dun código (do que dispón a veciñanza para poder acudir ás visitas e ou as fincas).

No camiño de favorecer a baixada de emisións de CO2 “este é un pequeño paso nun pequeño concello pero algo relevante”, asegura o rexedor de Parada de Sil, que ademais adianta que durante os tres meses de verán se porá de novo en funcionamento un bus lanzadeira, aínda que se intentará, se se logran axudas doutras adnministracións, poñer dous minibuses con circulación continua.

Así mesmo, os restaurantes do municipio funcionaron todos a tope da súa capacidade, segundo indica o Concello tras recabar a opinión dos restauradores.

Recorda o alcade que hoxe luns empeza a obra de acondicionamenteo dun aparcadoiro gratuíto no medio da localidade de Parada de Sil que, coa colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación provincial ,convertirá o que hoxe é un “leira park” nun espazo urbanístico acorde ao que os visitantes de Parada de Sil e da Ribeira Sacra necesitan para seguir consolidándose como un punto neurálxico de atracción turística, “máxime agora que somos Reserva da Biosfera”, indica Aquilino Domínguez.

Tamén a Casa Museo do Chocolate rexistraba unha importante demanda de visitas das que a maior parte das cales (o mesmo que sucedía co mosterio) fanse a traves dunha plataforma dixital.

Artigos relacionados

Back to top button