ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil tamén conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Publicidade

O Concello de Parada de Sil anima a toda a cidadanía e ás institucións (organizacións, asociacións, empresas, medios de comunicación, etc.) a unirse durante todo o ano e, “especialmente, neste día ao rexeitamento contundente á violencia de xénero. Todos e todas debemos plantarlle cara á violencia machista que empobrece a nosa sociedade. Os malos tratos non son un asunto privado, é un problema social que se combate coa tolerancia cero ante calquera comportamento machista”.

Unha postura que se plasma nun cartel deseñado por Leticia Rodríguez Álvarez. “O noso concello, en representación de todas as persoas que conforman o noso municipio, vén condenar neste cartaz calquera tipo de violencia contra a muller, non admitindo ningún tipo de xustificación e expresando a maior das repulsas. A violencia de xénero constitúe unha secuela de carácter mundial. Un atentado contra os dereitos humanos e a dignidade das persoas, que impide á nosa sociedade continuar avanzando pola senda do benestar e do progreso social que desexamos”, asegura o Concello de Parada de Sil.

 

Así mesmo, esta administración local apunta que “nos últimos anos, desde todos os ámbitos adoptouse un papel activo para erradicar a violencia que se exerce contra as mulleres, fomentando cantas medidas fosen necesarias para apoiar ás vítimas e atopar unha solución definitiva a este problema, o que supuxo un avance significativo na concienciación e sensibilización social ante este tipo de violencia. Un esforzo no que debemos seguir insistindo e traballando desde a responsabilidade compartida entre o conxunto da cidadanía e os poderes públicos, poderemos erradicar definitivamente esta terrible lacra social”.

Por todo iso, asegura o Concello “Parada de Sil asume o compromiso persoal de loitar contra todo tipo de violencia, denunciando as agresións, apoiando ás vítimas, non permanecendo en silencio ante a violencia e transmitindo ás xeracións futuras o respecto á igualdade de mulleres e homes”.

Artigos relacionados

Back to top button