ConcellosÚltima hora

Parada de Sil, Verín, Xinzo e Ourense, na XIII Limpeza simultánea “Móllate polos ríos”

Terá lugar o vindeiro 27 de setembro en diversos concellos de Galicia coa participación de voluntarios

 

Ata 49 concellos galegos e máis de 58 entidades (asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…) participarán o vindeiro 27 de setembro na XIII Limpeza Simultánea. Entre eles están os municipios de Parada de Sil (A Fábrica da Luz), Verín, Xinzo de Limia e Ourense.

Algúns destes grupos xa tomaron parte nas limpezas de anos pasados e outros son grupos participantes no Proxecto Ríos. Tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta duodécima edición. A limpeza mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social, tal e como avanzan dende a organización.

“Os/as voluntarios/as serán agasallados cunhas máscaras co lema da limpeza. Actualizouse a páxina web para a limpeza http://proxectorios.org/limpeza/ onde se especifica que é a limpeza, onde se celebrará, os contactos dos/das coordenadores/as, e as entidades participantes e colaboradoras”, segundo a organización.

Nesta actividade respectáranse tamén as indicacións pertinentes en relación á situación de pandemia provocada pola COVID-19 dependendo da situación sanitaria de cada zona. Dende o Proxecto Ríos recoméndase que os grupos sexan de 10 persoas como máximo e se respecte sempre que sexa posible unha distancia de 1,5 m. O uso de máscara será de obrigatorio para todas as persoas participantes. Cada persoa voluntaria deberá levar as súas propias luvas.

Artigos relacionados

Back to top button