ConcellosÚltima hora

Parada do Sil aproba o orzamendo do 2015

Terán un incremento de 12.000 euros con relación ao do 2014 e asían adiaste nun pleno celebrado o 4 de decembro
Francisco Magide, alcalde de Parada de Sil.
Francisco Magide, alcalde de Parada de Sil.

A Corporación de Parada de Sil vén de aprobar o seu orzamento para o exercicio do ano 2015 nunha sesión plenaria celebrada o 4 de decembro coa asistencia duna 50 veciños.

O alcalde de Parada de Sil, Francisco Magide, amosa a súa satisfacción con respecto a este presuposto “nun dobre aspecto, por un lado na posibilidade do incremento e por outro en que do total do presuposto 892.000 euros, 365.000 van o capítulo 6 de inversións reais. Neste capítulo o concello planifica a mellora no acceso ao Porto un pobo da ribeira o que se chega con dificultade e tamén se consigna unha partida para complementar outras axudas e construír unha nave para a recolección e clasificación de castañas, un dos elementos importantes da economía productiva de Parada de Sil”.

Asemade o rexeder destaca a importancia da aprobación por unanimidade dos citados presupostos pondo por enriba de interese partidarios os intereses municipais. Este orzamento increméntase en 12.000 euros con respecto ao deste ano 2014

Na mesa sesión plenaria, a Corporación de Paradad e Sil tamén se aprobaba por unanimidade a sinatura dun convenio coa Deputación provincial para dar de alta ó concello no dominio gal.

Ao final do pleno os veciños trasladaron ao alcalde suxerencias para realizar actuacións que redundarán na mellora da calidade de vida de todos.

Artigos relacionados

Back to top button