OurenseÚltima hora

“Parásitos”, Calpurnia á mellor película no 24 OUFF

O palmarés desta edición do festival facíase público ás 12h. deste sábado. Os premios entregaranse nunha gala no Auditorio esta noite

Acto no que se daba lectura pública ao palmarés do 24 OUFF.

A sección oficial do 24 OUFF xa ten ganadores. O fallo do seu xurado (composto por Laura Gárdos, presidenta, Pilar Revuelta, Miguel Barros, Nieve de Medina e Isabel Blanco) facíase público ás 12h. deste sábado 5 de outubro, co seguinte palmarés:

CALPURNIA Á MELLOR PELÍCULA (18.000€): “Parásitos”, Bong Joon-Ho.
PREMIO CARLOS VELO Á MELLOR DIRECCIÓN (4.000€): Alejandro Landes, por “Monos”.
PREMIO ESPECIAL DO XURADO (2.000€): “O que arde” pola “súa capacidade lírica para denunciar un mundo en extinción”.
PREMIO AO MELLOR GUIÓN (2.000€): Bong Joon-Ho por “Parásitos”.
PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN (2.000€): Julianne Nicholson por “Monos”.
MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO para “Chicuarotes” por “retratar unha dolorosa realidade mexicana servíndose de recursos tan diversos como a alegoría, o realismo sucio, o humor… convertíndoo paradóxicamente nun emocionante conto macabro”

Por outra banda, a Comisión Organizadora do Ourense Film Festival concede nesta edición os premios “Galicia”, “Mellor banda sonora” e “Á mellor cineasta”. “Os galardóns teñen carácter transversal, valorando para a concesión dos mesmos todas as obras presentadas no OUFF, segundo a organización.

Estas distincións eran as seguintes:

Premio Galicia (5.000€): “O que arde, Oliver Laxe”
“Máis alá dos seus valores plásticos e formais, <O que arde> destaca polo seu compromiso coa identidade e a lingua galega, a súa reivindicación da terra e os valores da mesma. Oliver Laxe foi quen de facer da súa película un proxecto universal que está sendo recoñecido en todo o mundo, espallando a imaxe e a cultura galega coa súa película”, segundo a organización

Premio Mellor Banda Sonora: Gaiza Urresti por “Aute Retrato”
A comisión organizadora do festival consiera que “Gaizka Urresti conseguiu con “Aute Retrato” plasmar con singular mestría o panorama musical e sentimental de varias xeracións, tomando como base para iso a figura dun artista total, Luis Eduardo Aute. Polo seu traballo, a comisión organizadora do OUFF acordou conceder Gaizka Urresti o premio á mellor banda sonora”.

Premio Mellor Cineasta: Marlén Viñayo por “Cachada”

O galardón que outorga a Comisión Organizadora do OUFF en colaboración con CIMA, Asociación de mujeres cineastas y de medios audiovisuales, á mellor cineasta con obra neste festival recaeu en Marlén Viñayo, “por conseguir plasmar e trasladar ao espectador a realidade dun grupo de mulleres do Salvador e a súa experiencia nun obradoiro de teatro. A forza das cinco vendedoras ambulantes de “Cachada” e o traballo da súa directora son recoñecidas co premio que concede o OUFF en colaboración con CIMA”.

PREMIO DO PÚBLICO para “La odisea de los giles”

“O público é protagonista e soberano no Ourense Film Festival e a súa decisión inapelable. E os espectadores do OUFF 2019 concederon o Premio do Público a “La odisea de los giles”, de Sebastián Borensztein, que conseguiu un 4,45 sobre 5 na valoración dos espectadores que acudiron ás sesión do festival”, segundo a organización.

OUFF EN CURTO E VIDEOCLIPS

OUFF EN CURTO
XURADO PROFESIONAL: Sabela Hermida (presidenta), Matías Tarrío e Marta Porto
● 1º PREMIO (1000€): “Soy una tumba”, de Khris Cembe (11 min.)
● 2º PREMIO (500€): “De repente, la noche”, de Cristina Bodelón e Ignacio de Vicente (25 min.)
● MENCIÓN ESPECIAL: “En la boca de la mina”, de Brandán Cerviño (22 min.)

PREMIO AISGE Á MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA: Marta Nieto por “De repente la noche”.
PREMIO AISGE Á MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA: Jaime Elías por “O que medra por dentro”.
PREMIO DO PÚBLICO (300€): “Subway”, de Carlos García de Dios (5 min.)
VIDEOCLIPS
XURADO “MILLENIAL”: Elisa Lima Conde, Saúl Vidal Salgado, Xabier Fernández Jardón, Daphne Calviño Parra e David Sobrino Gonçalves.
PREMIO (300€): “De bruma e salitre”, do grupo Mileth, e dirixido por Xaime Miranda (7 min.)

FAS MUVIS 2019
CATEGORÍA XERAL:
1º PREMIO (600€): Desencontro. Beatriz Fernández (directora) e Clara Miñán (produtora)
2º PREMIO (200€): Ourense Vive. Beatriz Martínez (directora) e Ainhoa Martínez (produtora)
CATEGORÍA ESCOLA:
PREMIO ÚNICO (400€): A Pinga. Lara Rodríguez (directora) e Bárbara Rodríguez (produtora)

Artigos relacionados

Back to top button