ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Parella de ocas, na beira do Sil no Barco

Dende o pasado outono era frecuente ver xunto ao río Sil a unha oca que nun primeiro momento sorprendía, pero a cuxa imaxe e poderosos graznidos se ían afacendo as persoas que pasaban polo Malecón do Barco cada día. Na primavera esta ave criaba e agora pasea orgullosa e acompañada polo cauce do Sil, tal e como pode verse nesta imaxe tomada na vila valdeorresa.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button