CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

París de Noia pon o broche ás festas de San Roque cun multitudinario concerto na Rúa Vella

Teatro, xogos, ciclismo, cultos e moita música de diferentes estilos. Ás festas de San Roque coas que A Rúa pecha un intenso mes de actividades, non lles faltou un detalle e remataban na madrugada do 21 de agosto cunha multitudinaria actuación da orquestra París de Noia.

Era o prato forte do programa deste ano e non defraudou. Xa pola tarde centos de persoas abarrotaban o campo de San Roque, na Rúa Vella, para recibir á aclamada orquestra. E de madrugada, en sesión verbena, volvía actuar conquistando unha vez máis ao numeroso público presente.

Artigos relacionados

Back to top button