CulturaCulturaÚltima hora

Parque de aventuras e rocódromo en Viana do Bolo, na Semana Santa

Estará instalado do 28 de marzo ao 1 de abril no pavillón polideportivo da vila
Imaxe de actividades dun parque multiaventura.

Con motivo das vacacións de Semana Santa o Concello de Viana do Bolo ten previsto organizar unhas xornadas con actividades de ocio para tódalas idades do 28 de marzo ao 1 de abril.

Como novidade este ano, contarase cun parque de aventuras no pavillón polideportivo no que o “prato forte” será a instalación dun rocódromo para que os/as veicños/as poidan practicar a escalada dun xeito seguro e controlado.

Por outra banda, e como xa xa ven sendo habitual, entre as actividades tamén estarán os inchables, o touro mecánico e os simuladores. O horario de apertura deste parque irá das 16h. ás 20h.

 

Cartel da actividade.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close