OurenseÚltima hora

O parque móbil da Comandancia da Garda Civil de Ourense renóvase con 8 novos vehículos

O acto de entrega destes coches tiña lugar o 9 de marzo coa presenza do delegado do Goberno en Galicia e do xeneral da XV Zona da Garda Civil, entre outras autoridades

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e o xeneral da XV Zona da Garda Civil, Ángel Alonso Miranda, presentaban na mañá do 9 de marzo en Ourense os oito novos vehículos cos que se actualizará o parque móbil da Comandancia. Os novos coches son das marcas Citroën e Nissan e repartiranse entre as Compañías da Comandancia e destinaranse ás necesidades da Unidade de Seguridade Cidadá.

Neste acto tamén estiveron presentes o tenente coronel da Comandancia da Garda Civil de Ourense, Manuel Novo, e o subdelegado do Goberno na provincia, Roberto Castro. Na súa intervención Villanueva matizaba que sete destes vehículos “son modelos todocamiños para realizar todo tipo de actividades e o oitavo está equipado especificamente para o traslado de detidos, sendo tamén posible a súa utilización para o servizo diario”.

Os coches completáronse cos accesorios e extras que responden ás necesidades do servizo policial.
Ademais, dispoñen de sistema de comunicación SIRDEE (Sistema de radiocomunicacións Dixitais de Emerxencia do Estado), localización GPS, megafonía, serea, ponte de sinalización prioritaria (conxunto de luces oficiais dispostas no teito do vehículo), defensas policiais e porta-defensas, lanternas (con instalación de cargadores) e a pintura bicolor que caracteriza aos coches da Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button