ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A parroquia de Fontei (A Rúa) despide á Virxe de Fátima baixo a chuvia

A procesión celebrada na tarde do 13 de maio, pon o broche ao novenario e cultos na honra á Virxe

Ameazaba chuvia e finalmente caeu. Unha forte balloada empañaba o acto co que a parroquia de Fontei na Rúa, despedía á Virxe de Fátima despois dunha semana de cultos na súa honra.

A novena comezaba o 4 de maio e só un día despois celebrábase a tradicional procesión das antorchas coa imaxe da Virxe iluminada polas rúas da localidade. Oito días máis tarde, o sábado 13 de maio, a igrexa Nosa Señora de Fontei acollía os diferentes cultos, no día en que se cumpría o centenario da aparición da imaxe en Portugal: ás oito da mañá misa de comunión xeral; ás dez e media misa de enfermos; á unha misa solemne presidida polo vicario xeral José Luis C. Pérez; e xa de tarde, misa vespertina e a procesión coa venerada imaxe cun novo percorrido polas rúas de Fontei e parte da Estación, coa que os devotos que durante toda a semana seguiron a novena, despediron baixo os paraugas á Virxe ata o vindeiro  ano.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button