ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As parroquias de Petín e Santo Estevo (A Rúa) despiden a Semana Santa coa procesión do Resucitado

O encontro entre a Virxe e o seu fillo, resucitado, pon o broche aos cultos o Domingo de Pascua

Despois dunha semana de loito, nas que se reviviu a paixón e morte de Cristo, o Domingo de Pascua, 16 de abril, celebrouse un dos momentos máis esperados polos devotos: o encontro entre a Virxe e o seu fillo, resucitado.

Na parroquia de Petín, o acto tiña lugar na praza Doutor Quiroga ás 11:45h. A imaxe da Dolorosa, á ombros das mulleres, chegaba ao encontro co seu fillo levado a ombros polos homes, mudando o mando negro de loito por un vemello e dourado. E xuntos, regresaban á igrexa parroquial seguidos polos fegreses para asistir á misa de Resurrección.

Tres cuartos de hora máis tarde, pasadas as 12:30 horas, repetíase a mesma escena na veciña parroquia de Santo Estevo, na Rúa. Alí, o encontro tiña lugar no adro da igrexa, con oracións pronunciadas por un grupo de nenas, e un manto amarelo para a Virxe tralo encontro co seu fillo, Xesús.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button