CulturaCulturaÚltima hora

Participación récord no Concurso Fotográfico Rosa Pons de Parada de Sil

Seiscentas dezaseis fotos foron enviadas para participar nesta actividade

O Concurso Fotográfico Rosa Pons, que promove o Concello de Parada de Sil, vén de bater o seu récord de participación nesta edición. Presentáronse un total de 616 fotos, en torno a 500 no tema libre, e o resto en visións de Parada de Sil.

 

Membros do xurado do concurso./ Foto cedida.

 

“O concurso está sobradamente consolidado e entre as anécdotas deste ano día que houbo un participante de Malasia, así como de varios países sudamericanos como Peru, Bolivia, Venezuela, Brasil, Arxentina entre outros. De España participaron fotógrafos de todas as comunidades autónomas agás de Baleares sendo as máis numerosas, fóra de Galicia, Cataluña, Madrid e Andalucía”, explicaba o alcalde, Aquilino Domínguez.

Así, na categoría Visións de Parada de Sil, o gañador foi o ourensán Agustín Sevilla, cun premio de 800 euros, mentres que en segundo lugar quedou Rosa Villar, con 300 euros. Por outra banda, na categoría libre, o primeiro premio foi para o xerezano Francisco Javier Domínguez con 700 euros, mentres que o segundo foi Miguel Planells, de Banyoles, con 200 euros. Os premios entregaranse o día 21 de agosto ás 19:30 horas no salón de plenos de Parada de Sil.

O xurado compúxose por Luís Baños, fotógrafo e empresario audiovisual; José Luís Diz Rodríguez, da asociación fotográfica O Potiños; e actuando como portavoz, Xosé Antón Vázquez, da asociación cultural Ouro do Sil.

Dende a organización agradecen “o traballo do xurado, así como a financiación dos premios a cargo do empresario de Parada de Sil, residente en Barcelona, Camilo Yáñez”.

Artigos relacionados

Back to top button