Andainas-Trails-OrientaciónDeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Participando na III Carreira contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín

Numerosas persoas están a sumarse a esta edición virtual que se iniciaba o 19 de novembro e que concluirá o día 22. As inscricións continúan abertas

 

Camiñando, correndo ou en bicicleta. Son moitas as formas de participar no proxecto solidario e deportivo da Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín, cunha edición virtual que se está a desenvonlver dende o 19 de novembro e se prolongará ata o 22 de novembro (incluído).

As persoas inscritas poden rexistran a súa participación descargando a aplicación móbil https://play.google.com/store/apps/details?id=com.sportmaniac_live_app_android.carrera_ciudades ou https://apps.apple.com/us/app/carr-ciudades-c%C3%A1ncer-p%C3%A1ncreas/id1536152909) e accedendo cos seus datos de incrición (email de inscrición e data de nacemento).

 

 

E aqueles que non estean inscritos, aínda poden sumarse a esta causa benéfica ata as 23:59 horas do domingo 22 en https://lastlap.com/net/carrera-cancer-pancreas/

Nestes días eran xa moitas as persoas que facían os seus percorridos tanto camiñando, en bicicleta ou mesmo correndo por diferentes puntos da comarca de Valdeorras (Vilamartín, Rubiá, Petín, O Barco…) ou de fóra dela, como é o caso da cidade de Ourense.

 

Manuel Moldes na Serra da Enciña da Lastra (Rubiá).

 

Unha das participantes no Barco.

 

A doutora María Francisco en Ourense.

 

Amosamos as fotos que os participantes nesta proba nos están facendo chegar. Aqueles que queiran enviar imaxes para a súa publicación, poden facelo no correo redaccion@osil.info. Moitas grazas a todos os que xa a están enviando.

E para aqueles que aínda non teñan decidido o seu percorrido, dende a organización da III Carreira das Cidades de Vilamartín propoñen as seguintes alternativas:

1. Camiño de Inverno entre O Barco de e Vilamartín.
2. Ruta do Río Farelos en Arcos.
3. Volta ao encoro de Vilamartín entre Penouta e Valencia do Sil.
4. Ruta “Carreira das Cidades 2019” ( https:// carreracancerpancreas.es/carreira- vilamartin/#percorrido). Carrera, andaina curta e longa e BTT.
5. Ruta “Carreira das Cidades 2018” – Vilamartín – Mazo – Córgomo – Arcos – Vilamartín. 6. Roteiro Vilamartín – Penouta – Correxais – Arnao (por Vía Nova) – Vilamartín.
7. Ruta Vilamartín – Valencia do Sil – Castro – Valencia do Sil – Vilamartín.
8. Ruta Sobradelo: Saída da estación de RENFE, Camiño de Santiago ata Pumares e volta a Sobradelo polo Camiño, seguir o Camiño de Inverno ata a saída cara a Éntoma e regreso á estación de RENFE.

A Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas valdeorresa (a única galega nesta edición) é unha das que maior participación está rexistrando a nivel estatal. Así, segundo as inscricións que a organización facilita por provincias, tal e como pode comprobarse neste mapa de inscricións.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close