Un ano máis os veteranos do C.D. Rúa en colaboración co Concello, e coas Voluntarias da Caridade rematarán o ano cun partido benéfico no que de novo se enfrontarán aos do C.D. Barco.
Aproveitando que non hai liga, o encontro será este domingo 29 de decembro no campo de fútbol Vicente Solarat Maceda a partir das 16h. e a entrada será un quilo de comida “preferiblemente leite, azucre, aceite e produtos navideños”, para que a xente máis necesitada poida comezar o ano ben alimentada.