DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Partido de exhibición de hóckey sobre patíns no pavillón polideportivo da Rúa

O encontro será mañá ás 15:30h. no marco do campus APG que se está desenvolvendo na localidade valdeorresa

O pavillón polideportivo da Rúa acolle dende comezos de semana, o primeiro campus de hóckey sobre patíns da comarca de Valdeorras, da man de APG Bierzo.

Trátase dun deporte pouco practicado ata o momento en Valdeorras, que está tendo moito éxito na veciña comarca do Bierzo, por iso queren dalo a coñecer á poboación en xeral cun partido exhibición que se celebrará mañá, 28 de xuño a partir das 15:30h. Nel enfrontaranse entre si os propios monitores do campus, todos adestradores do club berciano.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button