Galerías de fotosÚltima hora

Partido de fútbol con sabor a tortilla, no campo de fútbol de Calabagueiros

Din que as penas son menores co estómago cheo. Por iso, malia que a xornada deportiva do 22 de abril non foi boa para o CD Barco (coa derrota 1-3 ante o Arousa e dous lesionados) os afeccionados puderon asistir a unha peculiar merenda previa coa celebración do I Concurso de tortilla de patacas no que participaron 32 persoas.

Entre os membros do xurado estaban Fernando García, Eva Arias, Jesús Jares e Enrique Pérez, resultando gañadora a tortilla elaborada por Sergio Navas con 45 puntos. O segundo posto foi para Errmitas (Ourense) con 36. E no terceiro con 26 puntos, houbo un triple empate entre Poldo (Arnado), Xoiería Sara e Toña.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button