EconomíaEconomíaÚltima hora

Pasarela 25 aniversario de “Charo López”, no Barco

O desfile co que a empresaria barquense celebra as vodas de prata no sector téxtil, será o 8 de maio na praza Maior
Charo López na tenda ubicada na rúa Doutor Pérez Lista do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.
Charo López na tenda ubicada na rúa Doutor Pérez Lista do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

“Charo López”, establecemento de moda ubicado na rúa Doutor Pérez Lista do Barco de Valdeorras, cumpre 25 anos. Un cuarto de século no que a súa propietaria, Charo López pasou de rexentar un local exclusivo de teas, a levar un negocio no que os tecidos de calidade e a elaboración de prendas a media son unha parte importante, pero que foi ampliando ata chegar a unha alta porcentaxe de mercancía xa confeccionada.

Para celebrar esta importante data e que a xente coñeza o seu traballo e os produtos que ofrece, Charo López tratou de buscar un proxecto co que puidera chegar a toda a súa clientela, a mesma que a seguiu durante todos estes anos, e despois de darlle moitas voltas á cabeza decidía que a mellor idea era celebralo cunha pasarela que se celebrará o vindeiro venres 8 de maio ás 20:30h. na praza Maior do Barco á que está convidado todo aquel que o desexe, clientas e público en xeral.

Charo López na presentación da pasarela do 25 aniversario. /Foto: Carlos G. Hervella.
Charo López na presentación da pasarela do 25 aniversario. /Foto: Carlos G. Hervella.

Sobre unha pasarela de 10 metros de longo por 8 de ancho en forma de T, oito modelos profesionais pasarán entre dez e doce modelos de “Charo López”, dende prendas sport e casual ata elegantes vestidos de cea e festa. Ademais desfilarán dous modelos da deseñadora Marisu Miranda, barquense residente en Florida. O encargado de presentar o acto será Miguel Vázquez e arrancará cun pase de moda infantil.

Nerviosa pero tamén moi emocionada por ser capaz de levar adiante este “importante proxecto” a nivel persoal, Charo López confía en que todo saia ben e que acuda xente de toda a comarca.

Artigos relacionados

Back to top button