OurenseÚltima hora

O paseo de cor de rosa da cidade no Día Muncial conta o Cancro de Mama

A sección ourensá da Asociación Española Contra o Cancro colocou unha mesa informativa na rúa do Paseo para vender os seus lentes de sol solidarios para recadar fondos para proxectos

As portas da rúa do Paseo da capital tinguíronse de cor de rosa a través dunha mesa informativa da delegación ourensá da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) polo Día Mundial contra o Cancro de Mama. A pesares de que hoxe, 19 de outubro, o día non estaba para pór lentes de sol, foron moitos os que se achegaron até este punto de cor de rosa para compraren este complemento por cinco euros e así, poder axudar na loita contra este mal.

Nesa mesa, que abriu dende as once e media da mañá, estivo presente a presidenta de AECC-Ourense, María Isidora Gómez, que asegurou que esta campaña “está a ser un éxito”. A presidenta asegurou, cara á unha da tarde, que “case se venderon todos os lentes e tivemos que repoñer máis”. Ademais de lentes, todo o que alí se achegaba a facer un pequeno donativo recibía un folleto informativo e o tradicional lazo rosa.

Ao longo de toda a mañá, a meirande parte dos cidadáns de Ourense tiñan na súa solapa o lazo rosa en apoio a este Día do Cancro de Mama. Asemade, os lentes foron distribuídos polos 200 establecementos do Centro Comercial Aberto de Ourense “e estamos seguros de que haberá máis demanda que oferta”, asegurou Isidora Gómez.

Texto e fotos: Carlos Asensio.

Máis fotos sobre a celebración deste día na provincia na seguinte ligazón:

Valdeorras tínguese de rosa no Día contra o Cancro de Mama

 

Artigos relacionados

Back to top button