A RúaConcellosÚltima hora

Paseo polo Camiño de Inverno ao seu paso pola Rúa

É unha das actividades enmarcadas nas X Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras, que se celebraba na mañá deste domingo 10 de outubro

 

Dende o campo de San Roque ata a parroquia de Santo Estevo. Dun agradable paseo por un pequeno tramo do Camiño de Inverno ao seu paso pola Rúa, desfrutaban na mañá deste domingo 10 de outubro un grupo de persoras de diferentes puntos de Galicia, no marco das X Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras, que se están levando a cabo nesta fin de semana.

Guiados pola sumiller Mercedes González, os participantes na ruta puderon descubrir pequenos segredos desta parte da comarca pola que pasa o Camiño de Inverno a Santiago e tamén a Vía Nova, terra de adegas, covas e vestixios romanos.

Tralo paseo, a actividade remataba no adro da igrexa de Santo Estevo coa cata “ Vino como aperitivo” acompañados de pinchos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button