CulturaCulturaÚltima hora

Paseo polo Século de Ouro con “La Encrucijada”, no Teatro Lauro Olmo do Barco

A Compañía del Canal representará esta peza o vindeiro 21 de abril a partires das 21h.
Escena de “La Encrucijada”.

Un soldado reflexiona en pleno século XVII sobre a necesidade de deixar atrás o seu pasado para enfrontarse a un cambio, un futuro incerto pero necesario, abandonando un tempo de destrución e sangue e iniciando unha nova etapa dedicado ao oficio da palabra, como cómico. Así se presenta a historia de “La Encrucijada”, unha peza teatral que a Compañía del Canal representará sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco o vindeiro 21 de abril a patires das 21h.

Esta obra, ambientada no denominado Século de Ouro, está escrita, dirixida e interpretada por José Luis García Alejandre (Álex). “O texto está salpicado por algúns dos fragmentos máis facilmente identificables da literatura española daquel tempo e que podemos descubrir moito mais próximos do que podería imaxinarse. Calquera expresión artística, reflicte dunha ou outra maneira a realidade da época en que se desenvolve. Un achegamento a unha época pasada que garda moitas claves para comprender a presente”, segundo se informa dende o departamento de Cultura do Barco.  As entradas (5 euros) para ver esta obra poderán retirarse na billeteira do Teatro Lauro Olmo desde unha hora antes da función.

A Compañía del Canal é un grupo de teatro profesional de Ponferrada que conta cunha traxectoria de hai máis de quince anos. Manteñen en repertorio varias obras de sala e outras de rúa en espazos de interese monumental e histórico, ademais de diversas actividades pedagóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button