CulturaCulturaEspecial Cristo 2016Galerías de fotosMúsicaÚltima hora

Pasodobres e mambos da Banda de Música do Barco contra o calor

Actuaba no mediodía do 11 de setembro nunha soleada praza Maior do Barco no marco das Festas do Cristo

Soaba “Amparito Roca” na praza Maior. Este pasodobre abría o concerto que a Banda de Música do Barco daba ás 13h. do 11 de setembro no marco das Festas do Cristo. Malia ao calor e ao intenso sol que daba na praza nese momento (e mesmo na parte esquerda do escenario) moitas persoas concentrábanse, buscando todo tipo de sombra, para poder seguir un variado e intenso concerto no que a banda barquense agasallaba con mambos e outro tipo de temas como “Moliendo café”, “Banda galega” ou bandas sonoras como as de “Piratas del Caribe”, “Pretty Woman”, “Gladiator” ou “Cartoons in concert”.

Entre aplausos e co público en pé poñía o broche a actuación con “No llores por mí Argentina”. O director da Banda de Música do Barco, Manuel Prada, agradecía na parte final do concerto a presenza e os aplausos do numeroso público “a pesar do calor e do sol”.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button