Galerías de fotosÚltima hora

Pasos de Semana Santa en miniatura, en Celanova

Paco Mayorgas logra capturar a intensidade e forza das esceas da Paixón de Cristo. Este artesán, escultor e maquetista (nacido en Córdoba, pero residente dende hai moitos anos en Ourense) propón un achegamento diferente aos pasos da Semana Santa a través dunha mostra que poderá visitarse ata o vindeiro 20 de abril na Sala dos Arcos (antiga biblioteca) de Celanova.

A exposición está formada por 22 pasos a escala diminuta creados a partir de materiais reciclados.

Fotos: cedidas dende o Departamento de Cultura do Concello de Celanova

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button