OurenseÚltima hora

Pastelerías da Asociación provincial permanecen abertas esta Semana Santa

Ás medidas de seguridade súmanlle a facilidad de facer pedidos por teléfono o entrega a domicilio nalgunhas delas

Doce de Pascua.

 

Roscas de Pascua, monas ou osos de santo encherían estes días os escaparates das pastelerías ourenás, fieis á tradición de endozar os padais en Semana Santa. “A crise sanitaria e económica consecuencia do Covid-19 trastocou este costume, como fixo con tantos outros, pero hai unha parte do colectivo pasteleiro que continúa ao pé do canón, amparado polo RD de 14 de marzo que permite ao sector de alimentación permanecer aberto como actividade esencial”, aseguran dende a Asociación Provincial de Confiteiros e Pasteleiros de Ourense, cuxos socios se dividen ao 50% entre os que optaron por pechar ata que a situación pase, e os que seguen abertos e “por suposto, esta Semana Santa teñen doces típicos ademais de outros prodctos habituais”.

Coas medidas de seguridade establecidas (control de aforo e uso de luvas e máscaras, as pastelerías que permanecen abertas da Asociación (6 na cidade e 3 fóra), ofrecen ademais a posibilidade de facer os encargos por teléfono para
“acudir soamente ao establecemento o tempo mínimo imprescindible para recoller o pedido, ademais dalgunha que entrega a domicilio”, explican dende o colectivo.

 

Artigos relacionados

Back to top button